Ao longo do curso iremos publicando materiais, descubrimentos, e todo o que o noso alumnado produza e desexe publicar. Caben aquí produtos das diferentes materias, pero tamén creación propias, en calquera formato: relatos, ensaio científico, recomendacións literarias, entrevistas, ... Todo está por facer, e comezaremos co vindeiro curso 2011-2012.
LA CLASE
Vimos nas últimas horas de titoría a película “La clase”, o director desta película chámase Laurent Cantet, é unha película feita no 2008. A película trata dunha clase dun Instituto de Francia, é unha clase na que o alumnado é de distintas razas. Vense os distintos costumes, como por exemplo, que alí ao profesor trátano de Sr, cando aquí, o tratamos de “ti”. É un instituto moi problemático, e de feito no final da película expulsan a un alumno chamado Suleimán. A min paréceme unha boa película; na que nos ensinan o mal que queda portarnos sen educación e as consecuencias que ten. A película podédela atopar na Biblioteca do I.E.S se non a queredes comprar. Ángel Marín (PCPI 1) |
|
CUENTA CONMIGO (Rob Reiner, 1986)
Iván Rouco Baró 15-12-20011 |
|
BRUNO AGRA
Bruno Agra García se incorpora por segundo año al Centro galego de tecnificación deportiva. El esfuerzo tiene su recompensa. Lleva desde los 10 años entrenándose en la escuela Ayude de Melide y cinco años consecutivos ganando el oro nacional. Su pasión es el kick boxing, que ahora compagina con ‘’loita olímpica’’ y con ‘’loita libre’’. Su buen hacer y sus grandes cualidades hicieron posible que se incorporara al Centro galego de tecnificación deportiva en Pontevedra donde seguirá con sus estudios y con la preparación deportiva. Bruno se convirtió en el primer deportista melidense en recalar en el centro. Por María del Carmen García Lodeiro (ESA Módulo 3) |
4 DE NOVEMBRO: II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Aquí unha mostra de parte do traballo que levamos a cabo o día da ciencia, na clase de Ámbito Científico e Matemático no PCPI1.
Aquí unha mostra de parte do traballo que levamos a cabo o día da ciencia, na clase de Ámbito Científico e Matemático no PCPI1.
Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén),...
Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia Así neste día homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.(Texto extraído de http://www.cienciaengalego.org/drupal6/)

MARIE CURIE
|
MARIA WONENBURGER
|
|
|
CINE: "No habrá paz para los malvados"
Un policía aparentemente corrupto vese involucrado nunha investigación que formou parte do seu traballo en tempos pasados en Colombia, feitos polos cales xa fóra condecorado; o alí acontecido lle segue a pasar factura persoal e profesionalmente. Non será ata o último minuto cando o director Enrique Urbizu nos descobre a inocencia do protagonista e o mesmo tempo deixa a criterio do espectador a resolución dalgún que outro tema tratado no filme. |
|
Acostumados a películas
cheas de efectos especiais e subrealistas en moitos casos, esta
cóntanos unha historia de actualidade como é o narcotráfico ou o
terrorismo.
Dende o primeiro minuto, a trama reclama a túa atención e os espectadores sabedores do que é o bo cine deberíamos corresponder coa mesma implicación.
O protagonista, José Coronado, demostra unha vez máis coa súa actuación un grande saber estar; e baixo o meu punto de vista ponlle toda a carne na grella.
Marta Vázquez (E.S.A.)

"LA VIDA ES BELLA"
|
Son unha rapaza do PCPI do 1º ano e
nas horas de titoría de tres clases estivemos vendo a película La vida es
vella, eu vou falar dela un pouquiño.
Dous homes ían nun coche, este avariouse, e o protagonista coñece a unha muller, á que despois sempre fai por vela, sexa onde sexa. Ela vaise con el, teñen un fillo, e o cabo dun tempo lévanos para un campo de concentración, onde o protagonista lle conta ao seu fillo un xogo para que el estea ben. A el mátano, e cando todo o mundose vai de alí o neno sae do escondite onde o metera o pai, chega un carro blindado, o que o seu pai lle prometera, e indo nel atopouse coa sua nai. |
A min a pesar de que me gustou a
película, pareceume triste, polo que vin no campo de concentración despois o
resto estivo moi ben.
Eu como persoa que a vin, anímovos a que a vexades, non é vella porque é do 1997 e seguro que vos gusta, aparte diso tivo tres Oscars. Tedes a vantaxe de que está na biblioteca do I.E.S.
Animádevos
Tania Arias (PCPI 1)