E.P.A. Melide
  • BENVID@S
  • NORMATIVA
  • P.C.P.I.
  • A REVISTA
  • Ensinanzas Básicas Iniciais
Os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) teñen como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral dos rapaces e das rapazas.
Diríxense ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (excepcionalmente, tamén ao alumnado maior de quince anos), e non maior de 21 anos.
Teñen tres tipos de módulos:
  • Específicos profesionais, que desenvolverán as competencias do perfil profesional.
  • Formativos de carácter xeral, que posibilitarán o desenvolvemento das competencias básicas e favorecerán a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
  • Voluntarios, que conducirán á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Picture
Picture
Normativa que regula o funcionamento dos PCPI en Galicia

© IES de Melide | Rúa O Marquiño, s/n, c.p.15800 | Melide (A Coruña) | Tfno. / Fax: 981 50 51 62 |e-mail :ies.melide@edu.xunta.es
Powered by Create your own unique website with customizable templates.