As Ensinanzas Básicas Inicias (E.B.I.) son o primeiro nivel educativo da oferta educativa para persoas adultas. No IES Melide pódese cursar, e consiste en 12 clases semanais, impartidas en horario de mañá. Delas, 6 son de linguas e as outras 6 de matemáticas.
A matrícula, aberta todo ano, conduce a un tipo de ensino flexible, que trata de adaptarse ao alumnado, as súas necesidades concretas, e os seus particulares ritmos de aprendizaxe. |
PRESENTÁNDONOS
Neste vídeo Esther e Inés, alumnas de EBI, preséntanse e presentan o seu traballo na clase de lingua, coa profesora Cristina Villarmea. Falan da súa historia persoal, chea de historias interesantes, das súas traxectorias vitais, e da súa admirable ansia por seguir aprendendo. |